fondo red white blue

columnas enlaces

22 abr 2010

23 de abril: Día Mundial do Libro

Verdade que xa sabedes por que o 23 de abril foi declarado pola UNESCO Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor? Non? Pois consultade este enlace.
Este curso, no noso Colexio, o equipo da Biblioteca organizou unha exposición de cómics na entrada do edificio de secundaria e nas dúas salas de lectura.
Animádevos a visitala e levade un cómic a casa esta fin de semana!

As alumnas de 4º E.S.O. C remataron o tríptico.

20 abr 2010

Mes do cómic na Biblioteca

Pois si, xa sabemos por que Sacarino anda estes días pola nosa biblioteca.
E que este curso, o mes de abril está dedicado ao CÓMIC.
Na entrada principal do edificio de secundaria, temos unha pequena exposición deste xénero que combina texto e imaxe para contar historias.
Mafalda convídavos a visitala.

18 abr 2010

O novo usuario da nosa biblioteca

Desde hai uns días, na Sala de Secundaria da Biblioteca, temos un "compañeiro" que non se cansa de ler.
Sabedes quen é? E
por que está con nós?

16 abr 2010

Concurso de Relato Curto de Coca-Cola

Esta tarde dúas alumnas de 2º E.S.O. B, Alba Reino e Jennifer Torres, e dous alumnos, Jesús David Regueira, tamén de 2ºB, e Felipe Rama, de 2ºA, representan ao noso Centro no Concurso de Xoves Talentos de Coca-Cola.
No Colexio Liceo La Paz , escribirán o seu relato, que competirá cos dos mellores escritores e escritoras da súa idade da Coruña e arredores. Moita sorte, rapaces!

II Concurso de Marcapáxinas

O Equipo da Biblioteca convoca o II Concurso de Marcapáxinas. Animádevos a participar. Os traballos gañadores serán repartidos como agasallo da Biblioteca a todo o alumnado e profesorado do Centro no próximo curso. A técnica é libre e a data de entrega remata o día 22 de maio de 2010. Consultade as bases aquí.

25 mar 2010

Agatha Christie no cine

Rematamos a segunda avaliación e o mes de marzo coas últimas actividades adicadas a Agatha Christie.
Os alumnos de 1º e 2º da E.S.O. asistiron á proxección da película "Asesinato en el Orient express" e os de 3º y 4º, de Diez Negritos.
(As fotos das actividades están na páxina do Centro)
Recordade que estes días, no expositor da entrada da sala de secundaria, tendes algunhas das novelas desta autora que podedes coller para ler na casa e que tamén podedes levar alguhna outra película baseada nas súas obras para ver durante a Semana Santa.

21 mar 2010

Día Mundial da Poesía

Hoxe, 21 de marzo, celebramos o Día Mundial da Poesía
"No digáis que agotado su tesoro,
de asuntos falta, enmudeció la lira;
podrá no haber poetas;
pero siempre habrá poesía.
Mientras las ondas de la luz al beso
palpiten encendidas,
mientras el sol las desgarradas nubes
de fuego y oro vista,
mientras el aire en su regazo lleve
perfumes y armonías,
mientras haya en el mundo primavera,
¡habrá poesía!
Mientras la ciencia a descubrir no alcance
las fuentes de la vida,
y en el mar o en el cielo haya un abismo
que el cálculo resista,
mientras la humanidad siempre avanzando
no sepa a dó camina
mientras haya un misterio para el hombre,
¡habrá poesía!"

12 mar 2010

Miguel Delibes (1920-2010)

Hoxe amañecemos cunha triste nova: a morte de Miguel Delibes.
Delibes era membro da Real Academia Española, Premio Cervantes, Premio Nacional de Literatura, Premio Nadal e Premio Príncipe de Asturias, e autor de novelas como La sombra del ciprés es alargada, Cinco horas con Mario, El camino, Los santos inocentes o El hereje.
Invitámosvos a ler algunha obra deste incansable defensor la liberdade, da tolerancia e da natureza.
Como din por aí, "o de morrer, para os inmortais, é só un trámite".
Outros enlaces:

9 mar 2010

Agatha Christie

Pois si, era Ágatha Christie.
Parabéns a Alba, Martín, Carmela, Andrea, Noelia, Cristina, Ángela e Uxía.
O mércores 10, no segundo recreo, podedes recoller o voso agasallo na sala de secundaria da Biblioteca.