fondo red white blue

columnas enlaces

Mostrando entradas con la etiqueta Día da Muller. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Muller. Mostrar todas las entradas

8 mar 2020

8 de marzo Día internacional da Muller




O Día Internacional da Muller é un bo momento para reflexionar acerca dos avances logrados, pedir máis cambios e celebrar a valentía e a determinación das mulleres do montón que xogaron un papel crave na historia dos seus países e comunidades.

O mundo logrou avances sen precedentes, pero ningún país alcanzou a igualdade de xénero.

Hai 50 anos, chegamos á Lúa; na última década, descubrimos novos devanceiros humanos e fotografamos un buraco negro por primeira vez.

Mentres tanto, existen restricións legais que impiden a 2 700 millóns de mulleres acceder ás mesmas opcións laborais que os homes. Menos do 25% dos parlamentarios eran mulleres en 2019 e unha de cada tres mulleres segue sufrindo violencia de xénero.

Fagamos que 2020 sexa un ano decisivo para as mulleres e as nenas en todo o mundo.

(Texto e vídeo extraído de https://www.un.org/es)



Ola queridos e queridas lectores/as!
Hoxe é un día especial e querémolo compartir con tod@s vós!

Nun día como hoxe só tres palabras imprescindibles para todas as mulleres:
IGUALDADE, DIGNIDADE E RESPECTO!

4 mar 2020

Novidades! 8 marzo Día da muller.

Ola queridos/as lectores/as!
Estes días tendes na nosa biblioteca as novidades pensadas para vós. O vindeiro 8 de marzo celebraremos o día da muller. Deixámosvos na biblio varios libros relacionados con este día, esperamos que vos guste. Podedes comentar máis abaixo cal é o voso preferido. 
Os vosos compañeir@s xa están a gozar destas novidades, estes días temos aforo cheo na nosa biblio. Punto e Coma estamos contentísimos de vervos a tod@s neste espazo adicado a gran aventura de ler.
Anímaste? Nós si!
Un saúdo de Punto e Coma.


                                             

                                          

                                              

                                              

                                          

15 feb 2019

Sabías que...?

O pasado luns 11 de febrero foi o Día Internacional da muller e a nena na Ciencia? A iniciativa 11 de Febrero  promove a realización de actividades que, visibilizando a labor das científicas, conmemoren este día, fomenten vocacións científicas nas nenas e axuden a pechar a brecha de xénero na Ciencia.
Déixovos este vídeo para que reflexionedes sobre o tema e invítovos a que vos mergulledes na sección de biografías na nosa Biblioteca para descubrir algúns destes libros marabillosos que nos amosan fantásticas CIENTÍFICAS!!!



3 abr 2013

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Con motivo da celebración do DÍA DA MULLER TRABALLADORA o alumnado de Infantil e Primaria fixemos un mural colectivo sobre as nais traballadoras. Neste mural os alumnos trouxeron fotos e debuxos da súa nai traballando e debaixo unha breve explicación sobre o seu traballo.

Moitas grazas ás nais traballadoras pola súa inestimable colaboración!














25 mar 2010

Agatha Christie no cine

Rematamos a segunda avaliación e o mes de marzo coas últimas actividades adicadas a Agatha Christie.
Os alumnos de 1º e 2º da E.S.O. asistiron á proxección da película "Asesinato en el Orient express" e os de 3º y 4º, de Diez Negritos.
(As fotos das actividades están na páxina do Centro)
Recordade que estes días, no expositor da entrada da sala de secundaria, tendes algunhas das novelas desta autora que podedes coller para ler na casa e que tamén podedes levar alguhna outra película baseada nas súas obras para ver durante a Semana Santa.

9 mar 2010

Agatha Christie

Pois si, era Ágatha Christie.
Parabéns a Alba, Martín, Carmela, Andrea, Noelia, Cristina, Ángela e Uxía.
O mércores 10, no segundo recreo, podedes recoller o voso agasallo na sala de secundaria da Biblioteca.

8 mar 2010

8 de marzo: Día da Muller

Na Biblioteca, na sala de Secundaria, podedes atopar una pequena selección de libros escritos por mulleres.
Por certo, hoxe remata o prazo para adiviñar quen é a muller dos carteis que tendes nas aulas.
Deixade as vosas respostas nun comentario.

5 mar 2010

Sabes quen foi esta muller? Segunda pista

Imaxinas que recibes unha invitación para ir a unha illa maravillosa pasar uns días xunto a nove amigos?
O malo é que cando chegades, o anfitrión non aparece. Só oídes unha misteriosa voz que vos acusa de ter cometido un crime, e entón... os teus amigos comezan a seren asasinados seguindo as instrucións dunha nana. O último serás ti.
Queres coñecer a canción? Queres saber como vas morrer?
Esta muller darache a resposta.

3 mar 2010

Sabes que foi esta muller? Primeira pista

CURIOSA DECLARACIÓN DE AMOR

El preguntoulle:

- Queres compartir o futuro con alguén cuxa profesión consiste en desenterrar mortos? (era arqueólogo)

E ela respondeu:

- Encántanme os cadáveres. Vivo deles.

1 mar 2010

Sabes quen foi esta muller?

Co mes de marzo, comezamos unha serie de actividades para celebrar o Día da Muller. A muller da foto ten moita relación co mundo da Literatura. Sabedes quen é? Se non o sabedes, seguide o blogue, que iremos deixando pistas. Se si a recoñecedes, deixade a vosa resposta nun comentario.