Xa está a piques de rematar a fin de semana e queríamos que vísedes os contos, poemas e creacións que se fixeron para conmemorar o Día da Paz dende o cole. Dada a situación que estamos a vivir, non era posible xuntarnos para escoitar os contos en directo como fixemos outros anos, así que, unha vez máis, adaptámonos!
A continuación vos deixo os diferentes traballos para que disfrutedes e aplaudades o bo facer dos compañeiros e compañeiras dos diferentes niveis!
Punto e Coma pasan por aquí para publicar un vídeo moi especial. Se recordades, o pasado venres 29 de xaneiro celebramos o Día da Paz e da Non Violencia no cole. Un día especial e, como todo neste ano, un pouco atípico. Por iso, decidimos poñerlle un pouco de cor e esperanza coas fermosas ás compostas polas plumas pintadas polo noso alumnado. E ala fómos todos a sacar unhas fotiños especiais que, a continuación, podedes ver
Punto e Coma están moi contentos pola excelente noticia compartida por Cristina Abelleira e publicada na Voz de Galicia que podedes leer a continuación: unha investigadora americana vai incluir nun libro a vida e obras de Asunción, a Rexubeira de Bergantiños.Esperamos que poidan recuperarse as súas obras que están durmindo dende hai tempo no seu museo.
CARBALLO
Una investigadora americana incluirá en un libro vida y obras de la Rexoubeira de Bergantiños
Jo Farb Hernández es profesora y directora emérita del prestigioso archivo Spaces. Prepara un nuevo tomo del que define como un proyecto monumental
PATRICIA BLANCO
CARBALLO / LA VOZ 05/01/2021 23:01 H
«Quiero abrir los ojos y las mentes de la gente para que entiendan que el arte no se encuentra solo en las galerías y museos. El arte existe en cualquier parte, hecho por un rango de personas, incluyendo los que no tienen ningún enlace al mundo del arte convencional y sus mercados. En mi opinión, las obras que surgen de la gente que no ha estudiado formalmente son mucho más interesantes e únicas, por ser una reflexión de sus propios intereses, sus vidas e incluso sus almas. Esto no se ve con los artistas académicos», manifiesta desde California la investigadora y escritora Jo Farb Hernández, consciente pese a todo de la «fuerza de la academia»: «Mi padre y mi tío eran artistas, igual que mi hermana y mi marido». Farb Hernández pronuncia estas palabras preguntada acerca de un trabajo que está desarrollando sobre la coristanquesa Asunción Antelo, la Rexoubeira de Bergantiños, fallecida el 30 de diciembre del 2016, a los 97 años.
Que tal a entrada no 2021? Espero que moi ben, dentro da situación que nos acompaña, e con moitas ganas de traballar e seguir aprendendo!
A primeira publicación do ano ímoslla adicar ao mundo científico e...aos nosos experimentos!! Acordádesvos? Cada aula foi facendo un experimento novo e, xa que non podíamos compartir uns cos outros no cole, decidimos gravalos e así poder velos todos.
Sin máis rodeos, a continuación, déixovos os experimentos molóns do curso 2020-2021.
Slime de 4ºEducación Infantil:
Flores que florecen de 5ºEducación Infantil
Monstruo espumoso 6ºEducación Infantil
Cristalizar sal 1ºEducación Primaria
Arco da vélela 2ºEducación Primaria
Combustión e presión atmosféra 3ºA Educación Primaria
Globos que inflan sós 3ºB Educación Primaria
Experimento Newton 4ºA Educación Primaria
Arte con leite 4ºB Educación Primaria
Pescando xeo 5ºA Educación Primaria
Auga caminante 5ºB Educación Primaria
A vela que se apaga 6ºEducación Primaria
Que vos parecen? Atrevédesvos a facelos na casa? Xa nos contaredes !!
A entrada de hoxe é moi especial. Deixámosvos o vídeo da panxoliña que fixemos, alumnado e profesorado, con moito agarimo para felicitar as festas.
Este ano foi moi singular e atípico. E, como xa esperábamos, non puidemos celebrar o noso gran festival de Nadal! Pero como o importante son as ganas e a actitude, adaptámonos á nova situación e creamos esta panxoliña tan divertida. Asegurámosvos que o pasamos moi ben bailando e cantando.
Só nos queda desexarvos unhas moi felices festas e un próspero ano novo cheo de alegrías.
E moi importante...estes días sempre con sentidiño!
Xa estamos a piques de rematar o primeiro trimestre e...que rápido pasaron estes meses! Parece que foi onte cando nos reuníamos de novo despois de moitísimo tempo sen vernos.
Volvemos por aquí para mostrarvos un vídeo moi especial que fixo o alumnado e profesorado de 4º de Educación Primaria con respecto ao 25 de Novembro. O bo traballo faise esperar e aquí vos deixamos a súa aportación polo Día da Non Violencia:
Xa estamos a piques de rematar a semana e tiñamos algo pendente....verdade?
Acertáchedes! Todavía non coñecíamos os contos gañadores do concurso “Contos de medo” deste curso. Todos levaban un elemento común: o título ‘Aí que medo pasei no camiño’. Todos os participantes conseguíchedes creacións moi boas e por iso merecedes unha enorme felicitación.
Agora ben, foron 3 os contos gañadores en Educación Primaria, e 2 en Educación Infantil. Como ben sabedes este año as celebracións son un pouco especiáis, pero non hai excusa para elas. Por iso, este curso, coñeceremos os contos gañadores de xeito virtual. Non me enredo máis e vos deixo, a continuación, os vídeos dos contos gañadores.
Disfrutade moito!!
Esperemos que vos gustasen moito! Son increíblemente terroríficas!
Como vai a semana? A verdade é que nós xa temos morriña da celebración do Samaín que, este ano, foi bastante diferentes ao que adoitamos facer. Vós tamén o notáchedes? Non puidemos facer un túnel do terror, nin unha exposición das vosas cabazas e vasoiras, e o festival tamén foi diferentes, pero o pasamos xenial!!
Neste cole sempre nos adaptamos ás novas circunstancias e, polo tanto, non iamos quedar sen traballar a nosa imaxinación! Así que vos deixamos disfrutar das creacións propias e dos compañeir@s. Prepararos para pasar uns minutos...de medo!!
Ola amigos e amigas!! Xa nos botávades de menos?
A verdade é que, neste curso tan atípico, as cousas van moito máis despacio do que nos teñen acostumados. Pero hoxe traemos en exclusiva os contos e poemas que lemos no cole en homenaxe ao gran Gianni Rodari polo seu Centenario.
Como dixemos na última publicación, para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares íamonos centrar neste gran escritor.
Así pois, non nos enrollamos máis e vos deixo, a continuación, 3 vídeos nos que se poden escoitar as reproduccións de todos os cursos do noso cole.
Estade ben atentos a ver se vos recoñecedes e...disfrutade de Gianni Rodari!
Comezamos pol@s peques de Educación Infantil e 1º. 2º de Educación Primaria:
Ahora é o turno dos nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria:
E por último, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria: