Encántanos ver aos alumnos/ as de infantil e de primaria como se contan contos uns aos outros.
Isto foi o que pasou a semana pasada na biblioteca....sesión de conta contos! Pasámolo moi ben e gozamos moitísimo escoitando aos compañeiros/ as. Todos e todas o fixeron xenial!
Gustaríavos volver ler os contos que interpretaron? Pois non vos preocupedes que na biblioteca, no apartado de novidades e recomendacións deixámosvos os contos que cada clase interpretou!
Cal foi o que máis vos gustou? Podedes comentar máis abaixo!
Un saúdo a tod@s lector@s! Vémonos na biblio!
fondo red white blue
columnas enlaces
6 feb 2019
28 ene 2019
Experimentos científicos
Ola querid@s lectores/as!
Hoxe querémosvos ensinar un breve resumo sobre os experimentos científicos que se realizaron a semana pasada na nosa biblioteca. Os alumnos/ as de infantil e de primaria explicaron os seus experimentos científicos que levaron a cabo. Foron impresionantes, aprendemos moito e quedáronnos ganas de máis. Atrevédesvos a facelos en casa? Podedes comentarnos as vosas experiencias nos comentarios de abaixo. Deixámosvos un resumo de todos os experimentos. Esperamos que vos guste!
Vémonos pola biblioteca!
EI (3 anos): "Pasta máxica"
EI (4 anos): "Ovo frito sen fogo"
EI (5 anos): "Química para inflar un globo"
1º EP: "Palillos en acción"
2º EP: "O vaso máxico"
3º A EP: "Lámpara de lava"
3º B EP: "Arco da vella"
4º EP: "A auga viaxeira"
5º A EP: "A vela que se apaga"
5º B EP: "A tinta invisible"
6º A EP: "A pasta máxica"
6º B EP: "Globo atrapapapeis"
Etiquetas:
abril: actualidade primaria,
ACTIVIDADES PRIMARIA
19 dic 2018
5 dic 2018
Día Internacional das persoas con Discapacidade
Para conmemorar esta data, na hora de ler, Uxía, Enia e Sergio léronnos o libro "O cazo de Lorenzo", un libro moi bonito que podedes atopar na nosa biblioteca. Pero aquí non terminou todo, tamén nos presentaron dúas curtas moi interesantes.
Para seguir entendendo que cada un de nós somos capaces, deixámosvos esta curtametraxe sobre Diego, un marabilloso neno que ten unha visión especial sobre a cor dás flores… máis "The present" ("O agasallo"), un agasallo moi especial dunha nai ao seu fillo.
Cal vos gustou máis?
Que teñades unha feliz ponte
The present
Cal vos gustou máis?
Que teñades unha feliz ponte
'Los colores de las flores', de JWT para Fundación ONCE
27 nov 2018
25 nov 2018
Entrega de premios Samaín
O pasado xoves, 15 de novembro, na hora de ler os alumnos/ as de infantil e de primaria asistiron á entrega de premios dos diferentes concursos do Samaín: concurso de contos, de cabazas e de vasoiras.
Unha vez máis, moitas felicidades aos premiados. Parabéns
Concurso de Cabazas
Julia Viveiro
Joel Botana
Carla Fraga
Antía Varela
Concurso de vasoiras:
Yunay López
Contos de medo:
Clase de 2º EP
Sabela Villar
Anxo Andrade
Accésit: Uxía Matogueira, Enia Villar e Sergio Couto
Unha vez máis, moitas felicidades aos premiados. Parabéns
Concurso de Cabazas
Julia Viveiro
Joel Botana
Carla Fraga
Antía Varela
Concurso de vasoiras:
Yunay López
Contos de medo:
Clase de 2º EP
Sabela Villar
Anxo Andrade
Accésit: Uxía Matogueira, Enia Villar e Sergio Couto
24 nov 2018
XOGO DE PISTAS
Durante este mes de novembro os rapaces de terceiro, cuarto, quinto e sexto xogaron na biblioteca buscando libros e familiarizándose coa súa distribución nos diferentes espazos,aprendendo tamén nocións básicas da CDU, clasificación universal dos libros de lectura e consulta. Podemos ver algunhas fotos desta actividade:
11 nov 2018
Premiados no concurso "contos de medo"
Este mes houbo varios concursos para celebrar o Samaín,concurso de cabazas, de vasoiras e de relatos.Aquí podemos leer os relatos de medo premiados.
Etiquetas:
ACTIVIDADES PRIMARIA,
concursos
4 nov 2018
DÍA DA BIBLIOTECA
O día 24 de outubro a biblio-móbil saiu ao patio para que os rapaces poideran desfrutar da lectura de contos de medo.Celebrábamos o día da biblioteca e contamos cun día estupendo, como podemos ver nestas imaxes:
Etiquetas:
ACTIVIDADES PRIMARIA,
CONMEMORACIÓNS
14 oct 2018
VOLUNTARIOS LECTORES
Xa empezamos o curso! Abrimos a biblioteca o 1 de outubro con moitos nenos e nenas solicitando empréstitos. Os rapaces de terceiro xa teñen carnet e poden levar os libros para casa.
A primeira actividade que inauguramos este curso é a de voluntarios lectores, rapaces de sexto que baixan a leer contos a infantil, primeiro e segundo.Van os luns e xoves durante o plan lector, actividade moi gratificante,tanto para os maiores como para os pequenos. Publicamos unha foto desta primeira semana:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



