Ao longo deste trimestre, o alumnado de terciero e cuarto estivo lendo a obra titulada As cousas que importan, da editorial Bululú.
fondo red white blue
columnas enlaces
11 mar 2017
28 feb 2017
FESTIVAL DE ROSALÍA
O xoves 23 de febreiro homenaxeamos a Rosalía con recitados,cancións e rapeados dos seus poemas.
Tamén fixemos caretas de Rosalía:
Tamén fixemos caretas de Rosalía:
TALLER DE ESCAIOLA
O 16 e 17 de febreiro recibimos no colexio a Jorge Alfeirán,mestre retirado,quen veu a facer un taller de caretas de escaiola e uns instrumentos musicais chamados cazús cos rapaces de sexto 6ºA.A experiencia foi maravillosa,os rapaces disfrutaron moitísimo da actividade,como ben podemos observar neste video:
Repetimos taller,esta vez con 6º B,o martes 21 e o mércores 22:
E aquí podemos ver algunhas imáxenes do resultado,unhas caretas personalizadas e únicas:
Moitas grazas,Jorge, polo teu bo facer,entusiasmo e ilusión que proxectas nos rapaces.
Repetimos taller,esta vez con 6º B,o martes 21 e o mércores 22:
E aquí podemos ver algunhas imáxenes do resultado,unhas caretas personalizadas e únicas:
Moitas grazas,Jorge, polo teu bo facer,entusiasmo e ilusión que proxectas nos rapaces.
20 feb 2017
DÍA DE ROSALÍA
Os nenos e nenas de infantil e primaria recitan,cantan e rapean a Rosalía na biblioteca o día 23 de febreiro.
4º E.I.: MAIO LONGO
5º E.I.: PARECE UNHA ROSA
6º E.I.: NO BICO UN CANTAR
1º E.P. :COMO CHOVE MIUDIÑO
2º E.P.: HEI DE CANTAR
3º :XAN
4º :ADIOS RÍOS,ADIOS FONTES
5º :CAMPANAS DE BASTAVALES
6º A :VENTE RAPAZA
6º B: PARA A HABANA
4º E.I.: MAIO LONGO
5º E.I.: PARECE UNHA ROSA
6º E.I.: NO BICO UN CANTAR
1º E.P. :COMO CHOVE MIUDIÑO
2º E.P.: HEI DE CANTAR
3º :XAN
4º :ADIOS RÍOS,ADIOS FONTES
5º :CAMPANAS DE BASTAVALES
6º A :VENTE RAPAZA
6º B: PARA A HABANA
1 feb 2017
SEGUIMOS COS CONTACONTOS DA PAZ
Hoxe mércores 1 de febreiro os rapaces de terceiro leron dous fermosos contos aos nenos e nenas de cuarto:
30 ene 2017
CONTACONTOS SEMANA DA PAZ
O luns 23 de xaneiro as clases de quinto e sexto A leron contos aos rapaces de educación infantil.Ahí van os videos desta actividade.
O martes leron cuarto A e cuarto B:
O mércores primeiro e segundo leron aos rapaces de terceiro:
O xoves sexto B le aos rapaces de primeiro e segundo:
O martes leron cuarto A e cuarto B:
O mércores primeiro e segundo leron aos rapaces de terceiro:
O xoves sexto B le aos rapaces de primeiro e segundo:
21 ene 2017
SEMANA DA PAZ
Xa estamos inmersos na celebración do día da Paz.Entre as actividades que imos a realizar están os contacontos da Semana da Paz.
Etiquetas:
ACTIVIDADES PRIMARIA,
día da Paz
6 ene 2017
IN MEMORIAM DE ASUNCIÓN ANTELO, A REXUBEIRA DE BERGANTIÑOS
DENDE A BIBLIOTECA DE CORISTANCO QUEREMOS RECORDAR CON CARIÑO A ASUNCIÓN, QUEN NOS DEIXOU O 30 DE DECEMBRO DO 2016.
Naceu o 8 de agosto do 1919 en Segufe, na parroquia de Seavia, aldea da que nunca saiu. Como moitas mulleres do rural do seu tempo, foi mui pouco á escola onde aprendiu a escribir e as catro regras
Aparte de escribir poesía, traballou a madeira, a pedra e a cerámica.
En 1998 decidiu abrir o seu museo, ante todo porque 'fillos non tiven, e acordoume facer algo para que se saiba que pasei por este mundo'. Non cabe dúbida que o conseguiu, xa que a súa casa recibe as visitas de moitos curiosos que a felicitan polo seu traballo, cousa que non entende porque, segundo di, 'estas cousas fainas calquera, non ten dificultade ningunha'. Alí podemos atopar tallas de madeira, figuras feitas con raíces de árbores, bancos, reloxos, retratos escultóricos, maquetas de pedra de muíños de auga... unha ecléctica mostra dun quefacer ao que -di- non a ensinou ninguén. Mesmo chegou a vender algunhas das súas obras, mais agora di que 'non quere ser egoísta dos cartos e non quere quedar sen as cousas', polo que decidiu non vender máis.
(http://www.blogoteca.com/bosexenerosos/index.php?l=1&pag=11)
Os seus poemas saíron a luz grazas a asociación cultural Monte Branco de O Couto (Ponteceso), que en 1995 publicou “Páxinas da Rexubeira de Bergantiños” e catro anos máis tarde “As penurias dun amor”.
No ano 2006 foi nombrada Bergantiñana do Ano nos premios do Padroado Fogar de Bergantiños.
Non podemos rematar sen falar dunha desas persoas comprometidas co noso patrimonio, e que dá a súa vida por amosalo. Falamos de Isabel Rey Porteiro, veciña de Segufe, que foi coidadora de Asunción, pero tamén contactou con centros de ensino de toda Galicia, coa prensa e que mesmo fixo de guía durante as visitas, contándolle a historia desta brava muller. Sen Isabel, probablemente, o legado de Asunción estaría esmorecendo.
Gracias Asunción. Gracias Isabel. Seguide permitindo que escolares de toda Galicia coñezan o poder desta muller autodidacta.
(http://quepasanacosta.gal/asuncion-antelo-conecendo-a-voz-feminina-creativa-mais-salientable-das-terras-de-pondal/)
Aquí vai unha pequena mostra dalgunhas das visitas e encontros con Asunción:
3 ene 2017
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














