fondo red white blue
columnas enlaces
21 abr 2020
Día do libro e do Dereito de Autor
Ola, nenos e nenas, achégase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2020.
Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso ao escritor, xornalista e divulgador da cultura de Galicia, Manuel Gago, quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas potencialidades do libro e da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación:
"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"
Que a primavera entre polas fiestras e traia a voz das aves para acompañar as nosas lecturas!
A imaxe do díptico é tamén unha colaboración do profesor Harold Iglesias, a quen agradecemos esta fotografía dun "chasco" da Costa Vicentina (Portugal), paxariño común tamén no noso país.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario