fondo red white blue

columnas enlaces

27 oct 2026

Andrea e Ruth, as protagonistas do último Certame de Talentos

     As nosas convidadas do pasado venres foron Andrea e Ruth. Interpretaron unhas cancións escollidas por elas mesmas e fixéronnolo pasar xenial! O público animounas moitísimo, creando un ambiente cheo de alegría e diversión.

    Grazas chicas por compartir a vosa música con nós!




Visitamos a Biblioteca Municipal de Coristanco

    A semana pasada, o alumnado do centro visitou a Biblioteca Municipal de Coristanco. Foi unha experiencia moi enriquecedora, na que puidemos descubrir un pouco máis o marabilloso mundo dos libros e da lectura.

    Queremos agradecerlles a súa atención e o tempo que nos dedicaron. Moitas grazas por abrirnos as vosas portas!

    Aquí vos deixo algunhas fotos dalgúns dos cursos que participaron na visita.













19 oct 2026

Comeza o Certame de Talentos deste curso!

    O pasado venres demos comezo a unha nova edición do noso Certame de Talentos, unha actividade na que podemos gozar das habilidades, da creatividade e do talento do noso alumnado.

    A nosa primeira participante foi Anais, de cuarto curso, que nos sorprendeu cunha fantástica exhibición de patinaxe. Parabéns Anais, por compartir o teu talento con nós e por dar comezo a esta nova edición!

    Estamos desexando descubrir os talentos que nos agardan este curso e gozar de moitas máis actuacións. Quen será o próximo ou a próxima en sorprendernos?  







9 oct 2026

Benvidos e benvidas ao curso 2026-2027!

Comezamos o curso cunha boa nova: dende este pasado luns, a biblioteca xa está aberta durante o tempo de recreo!

Aquí vos deixamos algunhas fotos destes primeiros días, nas que podemos ver aos nosos nenos e nenas gozando dun espazo tan especial.