fondo red white blue

columnas enlaces

5 dic 2018

Día Internacional das persoas con Discapacidade

Para conmemorar esta data, na hora de ler, Uxía, Enia e Sergio léronnos o libro "O cazo de Lorenzo", un libro moi bonito que podedes atopar na nosa biblioteca. Pero aquí non terminou todo, tamén nos presentaron dúas curtas moi interesantes. Para seguir entendendo que cada un de nós somos capaces, deixámosvos esta curtametraxe sobre Diego, un marabilloso neno que ten unha visión especial sobre a cor dás flores… máis "The present" ("O agasallo"), un agasallo moi especial dunha nai ao seu fillo.
Cal vos gustou máis?
Que teñades unha feliz ponte

'Los colores de las flores', de JWT para Fundación ONCE


The present


27 nov 2018

QUE MEDO PASEI NO MONTE!

Aquí podemos ver os videos dos contos de medo:





25 nov 2018

Entrega de premios Samaín

O pasado xoves, 15 de novembro, na hora de ler os alumnos/ as de infantil e de primaria asistiron á entrega de premios dos diferentes concursos do Samaín: concurso de contos, de cabazas e de vasoiras.
Unha vez máis, moitas felicidades aos premiados. Parabéns
Concurso de Cabazas
Julia Viveiro
Joel Botana
Carla Fraga
Antía Varela
Concurso de vasoiras:
Yunay López
Contos de medo:
Clase de 2º  EP

Sabela Villar
Anxo Andrade
Accésit:  Uxía Matogueira,  Enia Villar e  Sergio Couto

24 nov 2018

XOGO DE PISTAS

Durante este mes de novembro os rapaces de terceiro, cuarto, quinto e sexto xogaron na biblioteca buscando libros e familiarizándose coa súa distribución nos diferentes espazos,aprendendo tamén nocións básicas da CDU, clasificación universal dos libros de lectura e consulta. Podemos ver algunhas fotos desta actividade:




11 nov 2018

Premiados no concurso "contos de medo"


Este mes houbo varios concursos para celebrar o Samaín,concurso de cabazas, de vasoiras e de relatos.Aquí podemos leer os relatos de medo premiados.

4 nov 2018

DÍA DA BIBLIOTECA

O día 24 de outubro a biblio-móbil saiu ao patio para que os rapaces poideran desfrutar da lectura de contos de medo.Celebrábamos o día da biblioteca e contamos cun día estupendo, como podemos ver nestas imaxes:




14 oct 2018

VOLUNTARIOS LECTORES


Xa empezamos o curso! Abrimos a biblioteca o 1 de outubro con moitos nenos e nenas solicitando empréstitos. Os rapaces de terceiro xa teñen carnet e poden levar os libros para casa.
A primeira actividade que inauguramos este curso é a de voluntarios lectores, rapaces de sexto que baixan a leer contos a infantil, primeiro e segundo.Van os luns e xoves durante o plan lector, actividade moi gratificante,tanto para os maiores como para os pequenos. Publicamos unha foto desta primeira semana:

3 jul 2018

III ANIVERSARIO DA BIBLIOTECA "ASUNCIÓN ANTELO"

A finais de curso recordamos a Asunción Antelo,a rexubeira de Bergantiños, con lecturas das súas poesías recitadas polos rapaces de terceiro,cuarto,quinro e sexto de primaria.Tamén disfrutamos da representación do conto "O nacemento do dragón" feita polos rapaces de terceiro.Carlos Cotelo,de terceiro,tocou a trompa maravillosamente.Para rematar cantamos todos o himno galego,que vai saíndo un pouco millor cada ano!

MAGO ÁLEX

Como despedida do curso tivemos a actuación do Mago Álex ,actividade proporcionada pola ANPA. Asistiron todos os cursos dende infantil a sexto de primaria.Os rapaces saíron encantados e emocionados polos xogos feitos por Álex.Gracias a ANPA.