Hoxe 25 de novembro reunimos a toda primaria e infantil para deixar a nosa man plasmada nun mural conmemorativo deste día.Vemos neste video aos nenos de quinto e infantil de cinco como exemplos desta actividade tan interesante e significativa:
fondo red white blue
columnas enlaces
24 nov 2015
DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Damos as grazas a biblioteca do C.P.I A Cañiza pola súa recopilación para celebrar este 25 de novembro,día internacional contra a violencia de xénero.As imáxenes valen máis que...
MANUALIDADES NA BIBLIOTECA
Este martes 24 de novembro outra nai,Noelia, animouse a facer unha manualidade cos rapaces de segundo de primaria: unhas setas de plastilina.
CONTACONTOS NA BIBLIO
O luns 23 de novembro e,xa como ven sendo unha actividade habitual,os rapaces de sexto leron os contos "Orellas de bolboreta" e "Confundindo historias" aos rapaces de primeiro e segundo.Ao final dous rapaces de segundo contan aos seus compañeiros a verdadeira historia de Carapuchiña vermella,tema do segundo conto.
Ahí van unhas fotos desta actividade:
Ahí van unhas fotos desta actividade:
CHARLA SOLIDARIA
E para rematar esta semana e concidindo co " Día dos dereitos dos nenos" o venres poidemos escoitar e falar con Francisco Suárez e Maite Prieto,representantes de Cáritas en Carballo,que viñeron a charlar cos rapaces de primaria.Tamén fixemos un mural conmemorativo deste día.Velahí van unhas fotos cos maiores.
MAXIA VS CIENCIA
O xoves 19 de novembro os rapaces e rapazas de primaria disfrutaron cun espectáculo de maxia e de ciencia patrocinado polo concello.Vemos en estes videos o entusiasmo dos rapaces polo espectáculo.
SEGUIMOS COAS MANUALIDADES
O martes 17 e o mércores 18 de novembro Mónica e Ana estiveron cos rapaces de terceiro e cuarto facendo manualidades otoñales.Mostramos un video onde podemos ver o ben que o pasan os rapaces.
CONTACONTOS NA BIBLIOTECA
O luns 16 de novembro os rapaces de quinto B leron dous contos aos nenos e nenas de infantil.Estes contos foron ·O soño do osiño rosa" e "Eu non fun".Ahí van os videos das representacións:
14 nov 2015
SEGUIMOS COAS MANUALIDADES
O mércores 11 de novembro Ana e Mónica fixeron ourizos cos nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria.Ahí van as fotos onde podemos ver o entretidos e concentrados que estiveron os rapaces.
CONTACONTOS NA BIBLIOTECA
O luns 9 de novembro os rapaces e rapazas de quinto A leron e representaron o conto "A cousa que máis doe do mundo" aos nenos e nenas de primeiro e segundo;podemos ver no video o ben que o fixeron:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)