fondo red white blue

columnas enlaces

24 mar 2021

Día Mundial da Poesía

 O 21 de marzo celebrouse tamén o Día Mundial da Poesía.  

Aínda que varios e varias de vós xa participastes con poesías a Rosalía, dentro da proposta de "Un xardín para Rosalía", desde a biblioteca queremos lembrarvos onde atopar máis poesías para ler ou para que vos inspiren a continuar facendo as vosas propias!

Recordade tamén que hai poemas tanto en galego como en castelán a disposición.

Un saudiño e:

Poñédevos a practicar;

seguro que bos poemas

ides lograr!




23 mar 2021

Día Forestal Mundial




 Boas a tod@s!

O 21 de marzo conmemorouse, entre outras celebracións, o Día Forestal Mundial.  Para lembrar a importancia de coidar os nosos bosques autóctonos, incluíndo a reciclaxe de papel como unha das tarefas para o seu coidado, deixámosvos algúns recordos dos libros dados como agasallos de Punto e Coma no Nadal envoltos con papel de xornal.

Proposta que podedes utilizar en calquera outro momento!  








3 mar 2021

Resumo do noso Entroido!

 Bo día rapaces e rapazas! 

Para afrontar a semana con ganas e motivación, aquí vos deixo un vídeo resumo do ben que o pasamos o día do Entroido no cole. Foi una celebración diferente ao que estamos acostumados, pero non por iso pasámolo peor!



Sempre quedará no noso recordo.

Unha aperta

Punto e Coma

 

2 mar 2021

Un xardín para Rosalía


Un xardín para Rosalía






Boas a tod@s!

Este ano unímonos á proposta do Departamento de Lingua Galega e Literatura e o Equipo de Dinamización da Lingua do noso centro para crear "un xardín para Rosalía", traendo un elemento vexetal acompañado dun pequeno texto poético.

Pois aí van as nosas aportacións!




 

23 feb 2021

Día de Rosalía

O 24 de febreiro festexamos a nosa xenial Rosalía. Gracias ao bloguesquío (Blogue da Biblioteca do CEIP Saco e Arce de Toén) publicamos unidades didácticas para todos os niveis. Iremos contando as actividades realizadas no noso centro.

20 feb 2021

No more Matildas

O día 11 de febreiro celebrouse o "Día da muller e da nena na ciencia". Aquí podemos ver un vídeo sobre a campaña para acabar coa discriminación da muller na ciencia.

Contacontos de 6º

Ola rapaces e rapazas: Este xoves os rapaces de sexto representaron o conto "A historia de Ferdinando", un conto sobre un touro pacífico ao que lle gustaban moito as flores. Asistiron a representación os rapaces de infantil, primeiro, segundo e terceiros. Os nenos e nenas de sexto disfrutaron moito e os pequenos pensamos que tamén. Aquí podemos ver o video:

11 feb 2021

Final dos retos!

 Boa tarde amigos e amigas! 

Como levades a semana máis divertida do ano? Molláronvos moito por non cumplir cos mandadiños? 

Xa estamos a piques de rematar esta semana que tanto nos gusta no cole. Mañá non haberá desfile polo pobo, nin chocolatada coas familias pero, de seguro, será un día especial e pasarédelo xenial. 

A modo de despedida, déixovos o vídeo que pon punto e final aos mandadiños do Entroido 2021. Foi un pracer celebralo xuntos un ano máis. E, recordade, descansade ben hoxe para mañá vir con mocitas ganas de festa!


Ata pronto familia!!

Aproveitade os días de descanso que veñen para cargar as pilas!!

Un saúdo

Punto e Coma 

10 feb 2021

Últimos mandadiños do Entroido!

Ola ola amig@s!! Estamos nunca semana moi divertida, verdade?! Pasámonos por aquí para deixarvos os últimos mandadiños do Entroido. Mañá é un día importante porque, xa sabedes, como non traigades as cousiñas...alguén vos mollará!! Nós non arriscaríamos...

Ahí vai o reto 3:



Reto número 4:

Que a festa non pare!!
Unha aperta
Punto e Coma


8 feb 2021

Comeza a semana do Entroido!!

 Bo día rapaces e rapazas!! 

Que tal estades? Preparados para unha das semanas máis divertidas do ano? Que ganas tiñamos de que chegara o Entroido! E para comezar, como xa sabedes, contamos cos mandadiños que, a través de personaxes famosos de Entroido galego, indícannos o que temos que traer cada día ao cole. Recordade que os mandadiños son acumulativos e que o venres viremos disfrazados libremente para, de xeito especial polas circunstancias, celebrar esta festa tan querida por todos.

Deixovos, a continuación, o vídeo de presentación, o primeiro reto que vimos o venres no cole e o reto de  hoxe. 




Cal será o mandadiño de mañá?

Poñédevos ben guapos e que continúe a festa!

Un saúdo de Punto e Coma