fondo red white blue
columnas enlaces
9 mar 2015
Celebrando o carnaval
O venres 13 de febreiro celebramos o carnaval no cole.Os rapaces ían vestidos de campesiños chineses,de flores,de froitas,de espantallos,incluso levabamos un tractor,todos facendo referencia ao tema do noso proxecto deste ano: "Traballando na horta e nos cultivos tradicionais".Podedes ver nestas fotos os estupendos disfraces e o ben que o pasaron os rapaces e,por suposto,os profes.
29 ene 2015
Día da Paz
Mañán celebraremos o Día da Paz e da Non Violencia. Nas aulas, xa levamos uns días preparando esta celebración.
Unha das actividades realizadas foi a de escoitar e traballar o conto Wangari y los árboles de la Paz, historia que narra a vida da keniata gañadora do Premio Nóbel da Paz no ano 2004.
Outra das actividades que tamén nos tivo ocupados foi a de aprender a canción de Macaco "Mensajes del agua", que aquí podedes escoitar e ver representada na linguaxe de signos.
12 ene 2015
2 dic 2014
CONTANDO 6º B AOS NENOS E NENAS DE 1º
Esta vez son os rapaces de primeiro os que escoitan os contos "Xaime e as landras" e "A galiña roxa".Vemos unha mostra nas fotos seguintes.
1 dic 2014
CONTACONTOS DE 6º A
O 19 de novembro os rapaces de 6º leron "A princesa e o chícharo" e "A galiña roxa" aos nenos e nenas de 5 anos.Ahí van unhas fotos.
CONTACONTOS NA BIBLIO
Os rapaces de 6º B tamén saben ler contos,neste caso aos nenos e nenas de 4 anos.Len "Xaime e as landras" e "Misterio na horta",dous preciosos libros da editorial kalandraka.Esto foi o 5 de novembro durante o plan lector.Mirade que atentos están.
19 nov 2014
A BRUXA DO SAMAIN,DECORACIÓN DE PORTAS E CABAZAS
A BRUXA DA BIBLIO AINDA VOS ESTA MIRANDO CANDO SUBIDES E BAIXADES EN ORDEN
10 nov 2014
CONTACONTOS DE 6º
Os rapaces de 6º A comenzaron a actividade de contacontos o mércores 22 de outubro,día da biblioteca.Viñeron a escoitalos os nenos e nenas de 3 anos.Podemos ver nestas fotos o ben que o pasaron.
CELEBRANDO O SAMAÍN
0 luns 27 de outubro os rapaces de segundo ciclo foron a biblioteca de secundaria a escoitar contos de medo.
3 nov 2014
CONTACONTOS DE MEDO NAS AULAS
O 29 de outubro os rapaces de 6º foron as aulas de infantil e primeiro ciclo a contarlles historias de medo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)