Bo día!
Neste mes de febreiro estamos a levar a cabo o Proxecto de 21 Días co Galego e+ nos niveis de 5º e 6º de Educación Primaria, coordinado dende o Equipo Dinamización da Lingua Galega do centro.
Participamos neste proxecto conxuntamente con outros centros e institutos de Galicia, como podedes ver no cartel de abaixo.
Dende a biblioteca queremos tamén aunar esforzos para o desenvolvemento deste proxecto, polo que escollemos contos en galego coa temática da paz e do amor, celebrando o día da Paz👐 do 30 de xaneiro e o dos Namoradxs o próximo 14 de febreiro💘.
Os contacontos estanse a escoller dende o equipo da biblioteca e son lidos por alumnado de 6º de Primaria e profesorado.
Coidamos que ao alumnado-público receptor (de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de Educación Primaria) estanlle encantando estas propostas!
Aquí vos deixamos algúns recordos destas lecturas de 6º de E.P. a E.I. e a 1º de E.P. Fixérono fenomenal!👏👏👏👋
No hay comentarios:
Publicar un comentario