BOA TARDE!
Queremos achegarvos hoxe á magnífica exposición de instrumentos musicais que está na entrada do edificio de Primaria.
Parabéns pola iniciativa e polas vosas colaboracións!
LEMBRADE QUE na biblioteca hai toda unha sección adicada ao xénero da Música, pero ademais, temos dentro das novidades de libros deste curso o titulado: "Historia de la Música para niños". É realmente interesante, aparecen informacións moi curiosas👀. De feito, hoxe ollándoo Punto e Coma, aprenderon, en relación coa Música e o cerebro:
"Cando interpretamos unha peza musical, aprendemos as notas practicando unha e outra vez. Desta maneira, gardámolas na parte do noso cerebro na que se atopan os RECORDOS A LONGO PRAZO. Unha vez que aprendas a tocala sen pensalo demasiado, interpretar a túa melodía favorita será tan fácil como contar ata dez. Así que non te rindas!"
E vós, tocades algún instrumento? Se é así, cal?
Boa fin de semana!
No hay comentarios:
Publicar un comentario