fondo red white blue

columnas enlaces

19 jun 2020

VENRES DE EMOCIÓNS ESPECIAL FIN DE CURSO 19/20

Ola queridos/as lectores/as.
Hoxe é venres, e como todos os venres son de emocións e máis hoxe...hoxe si que é un día de emocións porque remata o curso. 

Un curso moi atípico que non  pensabamos que nos puidésemos despedir así de todos/as  vós pero non pasa nada porque para setembro volverémonos ver. 
Punto e Coma estamos a desexar volver vervos pola biblioteca e seguir facendo actividades, concursos, retos, máis venres de emocións....pero terá que ser para setembro. 

Despedímonos agradecéndovos por todo o que traballastes e os marabillosos contos que nos contastes. Moitísimas grazas de verdade, grazas a vós e ás vosas familias, estamos moi moi contentos.

Por iso hoxe como despedida non haberá un vídeo, nin dous, nin tres.....haberá catro vídeos de emocións para que os gocedes, sabedes por que? Porque volo merecedes.

Bo verán, gozar e seguir lendo libros, lembrade que...

A lectura nos abre as portas do mundo que vos  atrevades a imaxinar

Hai grandes libros no mundo e grandes mundos nos libros

Un saúdo do voso amigos Punto e Coma.

"Wei xiao der yu (A Fish with a Smile)" do director taiwanés , a música está composta por Chien-Ci Chen. Atopámonos novamente coa íntima relación entre o cine e a literatura, xa que a historia está baseada no libro de Jimmy Liao "El pez que sonreía". Esta curta foi premiada no Festival Internacional de cine de Berlín.






"Sweet Cocoon" dirixida entre outros por Matéo Bernard e producida por ESMA.
A historia trata de dous insectos que ante os problemas dun verme para completar a súa metamorfose deciden axudalo, aínda que non será tan fácil como pensan...





"Bridge", que foi creada polo animador Tin Chian Tei, con música de Greg Gauba e producida por Human Trips Productions no ano 2010.
Unha magnifica ocasión para comprobar a importancia da colaboración, na que un obxectivo individual pode frustrarse se non o consideramos colectivo e cooperamos para que ambas metas poidan conseguirse.







"Soar" unha curta realizada por Alyce Tzue na Academy of Art University. Esta obra que foi nominada e galardoada con numerosos premios. Esta obra inspirada no Principiño (A. de Saint-Exupéry) traslada a idea de que se te esforzas o máximo por dar o que tes, ás veces consegues máis do que nunca esperaches.

Unha nena tenta facer voar unha das súas creacións, ata que do ceo aparece alguén á que terá que axudar...





BO VERÁN QUERIDOS E QUERIDAS LECTORES!

No hay comentarios:

Publicar un comentario