fondo red white blue
columnas enlaces
11 oct 2020
Xa estamos de volta!
Empezamos este estrano curso con ilusión e gañas de facer moitas cousas! Punto e Coma esperan que participedes neste blog cos vosos comentarios e traballos, como xa fixéchedes o curso pasado.
Elaboramos un protocolo de acceso á biblioteca neste curso tan especial. Actualizamos a guía de usuarios adaptada as novas circunstancias, esta guía está na biblioteca para que poida ser consultada polos usuarios; este curso non faremos carnets físicos aos novos lectores, aínda que, por suposto, teñen o seu número no meiga, número que anotarán na súa axenda para poder facer empréstitos e devolucións.
Elaboramos un horario para que cada curso poida ir á biblioteca nunha sesión de mañá ou tarde deixando tempo prudencial entre os diferentes niveis.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario