Ola amigos e amigas lectores/as!
Querémosvos presentar non un, senón dous poemas recitados polas clases de 3º de primaria. Empezamos con 3º B que nos interpreta " Eu cantar cantei", un poema con moito ritmo tamén incluído no disco libro citado en entradas anteriores, " Uxía Rosalía Pequeniña".
Pero isto non acaba aquí, os alumnos/ as de 3º A tambien sumáronse a celebrar o día de Rosalía e escolleron o poema "Como chove miudiño" pero sabedes o mellor?....a banda sonora tamén fixérona eles/ as, concretamente Noa, a nosa super pianista. É un gran pracer escoitar a esta gran artista e o ben que toca o piano.
Moitas felicidades, sodes os mellores.
Vémonos pola biblio!
Que ben o fan, noraboa
ResponderEliminarQue ben o fan estes nen@s
ResponderEliminar