Levábamos dende o pasado luns cun palleiro de millo no patio cuberto. Todos 
estábamos intrigados e, finalmente, o venres, soubemos que facía 
alí. 
Varios familiares dun alumno do Centro achegáronse para darnos 
información sobre o millo e o seu cultivo, e ensináronnos como se 
esfolla. Algúns probamos e comprobamos que non é tan doado como 
parece... 
Pero despois do esforzo agardaba unha grata sorpresa: as 
cociñeiras do colexio nos tiñan preparadas filloas e mesmo algún follado
 de millo e centeno para que o poidésemos probar. Que rico!
Onte, mesmo na Voz de Galicia se facían eco das nosas fazañas:
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario