O pasado 28 de setembro, celebrábanse os 50 anos de Mafalda, o personaxe estrela de Joaquín Salvador Lavado, máis coñecido como Quino. Recordades os debuxos que fixemos o ano pasado dos principais personaxes das tiras cómicas, e que aínda temos expostas nos corredores do colexio?
Esta semana, o debuxante recibe o Premio Príncipe de Asturias de comunicación e humanidades.
Tamén saiu unha moi interesante entrevista del na revista XL Semanal do domingo pasado, na que explica por que firma as súas obras como Quino ou fala da súa vida e do seu traballo, entre outras cousas.
Se vos interesa lela téndela aquí, e se vos animades a entrevistar vós mesmos a alguén, recordade os pasos que vos propuñíamos nesta entrada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario