O 21 de Marzo conmemoramos o Día da Poesía, para o cal, entre todos elaboramos o poema "A Cociña é Poesía", relacionado co noso proxecto de centro anual.
Deixámosvos por aquí a letra e o audio narrado dende a Radio do noso centro.
O 21 de Marzo conmemoramos o Día da Poesía, para o cal, entre todos elaboramos o poema "A Cociña é Poesía", relacionado co noso proxecto de centro anual.
Deixámosvos por aquí a letra e o audio narrado dende a Radio do noso centro.
Pechando os nosos Venres De Talentos do segundo trimestre, a semana pasada foi Eloi de 3º de Primaria que nos abraiou a todos co seu dominio das baquetas e do acordeón.
Explicounos as partes das que se compón, o uso de cada unha delas e interpretou unhas pezas.
Moitísimas gracias, Artista!!
Aquí temos o resumo da nosa 4º Actuación do Certame de talentos. Nesta ocasión as protagonistas son Daniela e Noelia de 4ºA interpretando a canción “Potra Salvaje” coa frauta.
Noraboa frautistas!!!
O venres 27 de febreiro, tivemos a segunda edición do Certame de Talentos, na cal, Edu e Eimi de 4º de Primaria foton os protagonistas.
Explicáronnos as partes da Gaita e da Pandeireta. Tocaron pezas en conxunto e por separado.
Aquí hai moita madeira de Artistas, noraboa músicos!
O 20 de febreiro arrancamos co inicio do Certame de talentos no que Nayara, Uxía e Aroa Pérez de 6º bailaron a canción de Golden, das Guerreiras K-Pop.
Menudo gran arranque do Certame, moitas gracias Artistas!!

Xa está aquí!! O venres 20 de febreiro comezaron os Certames de Talentos na Biblioteca.
Tes algún talento que queres amosar aos teus compañeiros e compañeiras de nivel?
Inscríbete no Buzón da Biblio indicando a actividades que vas realizar, nome e curso.
Agardamos as vosas solicitudes!
Iniciamos o 2º trimestre con Anthony e Nayara contando un conto ao alumnado de 4º de Infantil:
Continuamos con Alyssa e Marta narrando ao alumnado de 5º de Infantil:
Moitísimas gracias a todos e todas os/as Contacontos!