Pero pode existir máis talento que o que hai neste centro? Os primeiros venres de certames de talentos comezaron cun altísimo nivel.
A terceira edición do Certame de Talentos, chegou da man da nosa cantante April e a nosa patinadora Lía, ambas compañeiras de 3º de primaria:
-Lía explicando as partes dos patíns, o seu funcionamento e amosando algunhas das espectaculares técnicas de patinaxe que domina. Artista!
-Lembranzas de April cantando o tema Golden das Guerreiras K-Pop. Artista!

Noraboa rapazas, tendes moito talento!






No hay comentarios:
Publicar un comentario