DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN SECUNDARIA
O
Día das Letras Galegas decidimos contar coa presenza de María Canosa, que fixo un
marabilloso percorrido pola traxectoria humana e literaria da gran poetisa
Luísa Villalta. A través dun pentagrama e das súas distintas notas musicais,
puidemos coñecer a fondo a esta gran autora. Foi unha xornada moi proveitosa na
que todos aprendemos moito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario