Como todos os anos, no CPI Alcalde Xosé Pichel, conmemoramos este día e a nosa lingua, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Este ano a homenaxeada é Luísa Villalta (1957 - 2004), escritora, docente e violinista defensora da nosa cultura.
Para afondar en datos sobre a súa vida e obra, levamos a cabo a elaboración dun mural. Un especial agradecemento á participación do alumno Dani Bello de 6ºB que realizou a ilustración da homenaxeada.
Amosamos algunhas fotiños dese traballo. Agardamos que vos guste tanto como a nós!❤️
No hay comentarios:
Publicar un comentario