Para conmemorar o mes da ciencia nas bibliotecas e o mes da ciencia en galego levouse a cabo un obradoiro de
elaboración de pilas co alumnado de 6º de primaria. Os monitores para levar a cabo a actividade foron os alumnos
e alumnas de 4º ESO do club de ciencia. Como material empregouse moedas de 5 céntimos, arandelas galvanizadas,
cartón e unha disolución de sal en auga. Conectouse ditas pilas con un led e conseguimos producir luz.
Tamén se explicou o concepto da levitación magnética e o funcionamento dun tren magnético.
No hay comentarios:
Publicar un comentario