Bo día!
Nesta semana, o luns 16 de maio, o alumnado e profesorado de 5º e 6º de E.P. recibimos a visita da escritora Andrea Maceiras na aula de usos múltiples de Secundaria.
Veu falarnos do libro que se leu nestes niveis: "A Folla Azul", do que tamén tedes mostra na biblioteca de Infantil e Primaria. Ademais, tamén poidemos coñecer o argumento dalgúns doutros libros seus, como o recén publicado: "Alma de Elefante" (do que pronto nos faremos cun exemplar na biblioteca!).
Indicounos tamén a web onde podemos ver o resto de libros seus publicados e a orde en que foron escritos, pola que tanto preguntabades;) www.andreamaceiras.com
Despois foi o momento das sinaturas, personalizadas e cun bonito selo dun xaguar, lembrando algún dos animais que aparecen no libro "A Folla Azul".
Que marabilla a súa dozura e paciencia contestando a todas as preguntas!
Moitas grazas, Andrea, por este encontro e pola orixinal dedicatoria!
Apertas dende a biblioteca
;
No hay comentarios:
Publicar un comentario