O Día da Creatividade e a Innovación celébrase o 21 de abril e ten como principal obxectivo poñer de manifesto todo o potencial creativo das persoas a nivel mundial.
Sabemos que @s nen@s estades cargad@s de creatividade! Manifestádela constantemente a través dos vosos debuxos, exposicións, representacións...
Esperamos que disfrutedes moito deste día, que afinedes os sentidos e sigades traballando mente e corpo e mantendo e/ou despertando a curiosidade por moitos temas que vos interesen!
E... dende a biblioteca, para animar a seguir potenciando o pensamento creativo, propoñémosvos tamén un sinxelo EXERCICIO DE CREATIVIDADE para PENSAR:
QUE TÍTULO DISTINTO LLE POÑERÍAS AO LIBRO QUE MÁIS CHE GUSTA?
Pénsao para o venres, Día do Libro, no que poderás, ademais, traer ao colexio ese libro que tanto aprecias ;)
No hay comentarios:
Publicar un comentario