Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe presentámosvos un vídeo moi especial. O pasado xoves o tempo de lecer na hora do recreo foi espectacular, pasámolo xenial cos diferentes xogos propostos, pero sabedes cal foi o recanto que máis nos gustou a Punto e a Coma?
O recuncho dos soños!
Que espazo tan fermoso, que ben decorado e que cantidade de libros para desfrutar.
Cal foi o que vos gustou máis? Comentade máis abaixo se queredes máis patios dinámicos!
Cantos máis comentarios haxa, máis xogos pensaremos.
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.
Vémonos pola biblio.
Moi boa idea para os recreos, aver si se fan mais amiudo. Deberían rescatar xogos tradicionais ou de outras eras como as canicas, trompo, hulahop, corta, goma....
ResponderEliminarMoi boa aportación! Moitas grazas polo comentario. Punto e Coma tomaremos nota. ✍🏼
ResponderEliminar