Feliz venres queridos/as lectores/as.
Hoxe é un venres moi especial, hoxe 22 de novembro celebramos "O Día de Santa Cecilia" a patroa da música. Hoxe é un día de festa, e que mellor maneira de celebralo neste venres de emocións que con música!!!! Despois de tanto tempo pedíndonolo por fin estreamos a canción que estades escoitando continuamente tódolos días ao comezar as clases, a canción que lle pedides cantar ao mestre de música en todas as sesións....presentamos o Ceo do grupo Operación Can. Sabédela?
«Operación Can» é un traballo impulsado pola UPAFGA (Unión de Protectoras de Animais Federadas de Galicia) e naceu co obxectivo de estimular á xente máis nova, utilizando a música como medio, da necesidade de coidar a nosa contorna e medio ambiente e moi especialmente aos animais e as plantas. Para iso, que mellor que facer un concurso musical e que os propios rapaces fixesen unha canción orixinal cantada en galego.
«A música é sinónimo de liberdade, de tocar o que queiras e como queiras, sempre que sexa bo e teña paixón, que a música sexa o alimento do amor». Kurt D. Cobain.
Feliz venres, ler moito e vémonos o luns na biblioteca
Saúdos de Punto e Coma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario