Ola queridos/as lectores/as
Este luns (25 de novembro) o noso cole e todo Coristanco conmemoramos o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. Primeiro plantamos 51 pensamentos na porta da nosa biblioteca por cada unha das mulleres asasinadas que vai de ano e despois camiñamos ata o concello para escoitar un manifesto por parte dos compañeir@s de secundaria. Foi unha xornada moi especial con unha obra de teatro por parte dos alumn@s de 2ºEP (adaptación do libro: Xela volveuse vampira”) de Fina Casalderrey, libro que Punto e Coma recomendan case como lectura obrigada, se o ledes vaivos encantar. En vindeiras entradas do blogue poderedes ver o vídeo da obra de teatro destes compañeiros/as de 2º, parabéns unha vez máis!
Punto e Coma animámosvos a que a xornada do luns non quede nun só día, sigamos traballando por un mundo mellor sen ningún tipo de violencia.
Saúdos de Punto e Coma
Vémonos pola biblio
No hay comentarios:
Publicar un comentario