Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe presentámosvos o xogo de pistas con 4º A e 4º B. O pasado venres tivemos unha hora de ler moi divertida e especial. Estes super lectores/as tiveron que buscar as diferentes pistas que nós (Punto e Coma) deixamos escondidas na nosa biblioteca. Pasárono xenial buscando entre tantísimos libros que temos. Deixámosvos unhas poucas fotos resumo.
Durante esta semana e a que vén irémosvos mostrando as diferentes clases de Primaria con este xogo.
Que vos pareceu este tipo de xogo-actividade? Queredes máis xogos deste tipo? Comentádeo máis abaixo, Punto e Coma leremos todas as vosas suxerencias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario