Ola queridos/ as lectores/ as!
Punto e Coma xa están de volta un curso máis. Como puidestes observar esta semana a biblioteca do centro de Educación Primaria xa abriu as súas portas para todos vós. Espéranos un curso de novas actividades, concursos, novos libros, películas... así que estades convidados a ir todos os recreos a gozar connosco.
Pero.......
queremos anunciarvos dun evento moi especial que vos vai a encantar. Os nosos compañeiros da Biblioteca Pública Municipal de Coristanco (edificio de usos múltiples) anunciaron que mañá día 3 de outubro ás 6 da tarde estará con todos vós Paco Nogueiras co seu espectáculo "Radio BULE BULE" en concerto. Desde o colexio animámosvos a que vaiades e pasédelo moi ben cantando e bailando con el.
Imaxe extraída da conta oficial de Instagram de Paco Nogueiras
E isto é todo?
Claro que non! A Biblioteca Pública Municipal ten moitos máis eventos. Deixámosvos a noticia publicada hoxe no xornal, onde colaboran nesta iniciativa a Deputación e o programa Ler Conta Moito.
Radio Bulebule (mañá 3 de outubro)
Pakolas (4 de outubro)
Pablo Díaz (30 de outubro)
Magín Blanco (14 de novembro)
a ilusionista Fani Triana (28 de novembro)
Circanelo (19 de decembro)
Esperamos que o gocedes moito.
Vémonos pola biblio, saúdos de Punto e Coma
No hay comentarios:
Publicar un comentario