fondo red white blue

columnas enlaces

30 abr 2019

Xa temos video do día do LIBRO!!

Despois de agardar varios días de mal tempo, hoxe por fin celebramos o día do Libro.

Estivemos lendo aos máis pequenos e compartindo impresións, historias e moitas sorpresas. Exemplos disto son os libros de realidade aumentada onde gracias as tablets podemos contar contos dunha maneira diferente.

Por outra banda, o alumnado de primeiro colaborou na xornada escolar repartindo marcapáxinas para o resto de nenos e nenas do centro como un agasallo para lembrar este día tan especial para nós.

Un día onde os libros saen das súas casas para amosarse de excursión polo patio do centro.

Moitas gracias a mestra Ale de 1º por achegarnos este fermoso vídeo! Encántanos!

Vémonos pola biblio!



No hay comentarios:

Publicar un comentario