O venres recibimos a visita de Antón, biólogo e veterinario, amante da natureza e pai de Anxo, un alumno do noso centro.
Antón veunos explicar cómo observar a natureza que nos rodea e grazas a el, coñecemos agora moitas especies da nosa contorna das que non sabíamos a existencia.
Plantas, aves, mamíferos, insectos, anfibios... seguro que non volveremos saír a dar un paseo sen ser máis observadores. E tampouco volveremos mirar A Revolta nin O Campelo do mesmo xeito. Sabíades que temos en Coristanco plantas carnívoras? Sabíades que hai plantas que secuestran aos insectos? E que temos en Coristanco unha planta que solo se pode atopar aquí e en ningún outro lugar do mundo?
Que interesante e canto aprendemos, moitas grazas Antón!
No hay comentarios:
Publicar un comentario