O xoves 28 de abril recibimos a visita tan esperada polos rapaces e rapazas de quinto desta escritora.
Explicounos o seu interesante método para escribir e falounos do seu libro "Nena e o mar",premio Merlín do ano pasado. Despois da charla,houbo un turno de preguntas elaboradas polos rapaces e firma dos libros que trouxeron.Algúns regaláronlle debuxos sobre o libro.
Os nen@s quedaron encantados e agora demandan os outros libros publicados por Érica,libros que xa están circulando polas aulas de quinto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario