fondo red white blue

columnas enlaces

2 may 2016

DÍA DA CIENCIA

O martes 26 de abril os rapaces e rapazas de quinto e sexto asistimoa á videoconferencia programada  pola coordinadora galega de ENLD para celebrar O día da ciencia.A actividade levaba como título "Arpa leap motion"e a relatora era Susana Oubiña Falcón,profesora de Tecnoloxía do IES de Vilalonga  e investigadora. Licenciada en Ciencias Físicas na especialidade de Electrónica pola USC e Máster en Enxeñería Telemática pola UVigo. Desenvolve actividades varias de formación e divulgación da robótica e a realidade aumentada nos niveis de Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato.
O reto consistía en conseguir deseñar, programar e facer soar unha arpa, para así poder crear a nosa propia música. Para conseguilo, introducíunos na robótica utilizando o software Scratch 2.0, que conectou ao dispositivo de infravermellos Leap Motion. Como produto final, obtivo un instrumento musical (arpa) que pódese usar de forma moi sinxela: só movendo no aire os dedos das nosas mans.




No hay comentarios:

Publicar un comentario