Os nenos e nenas do terceiro ciclo están enfrascados na lectura da obra gañadora do Premio Merlín 2010: A Filla do Ladrón de Bicicletas.
Nela nárrase a historia de Serafina, a filla dun ladrón de bicicletas, que vive con Dona Perfecta, a súa tía.
A Serafina o que máis lle gusta é montar en Celerífera, a súa bicicleta, e gustaríalle ser equilibrista nun circo. Coa súa habilidade, consegue abraiar a todos, ou case...
Esperamos que esta lectura sexa do agrado de todos xa que moi pronto recibiremos a visita da súa autora: Teresa González Costa.


O libro estubo ven pero a escritora tiña moito rollo
ResponderEliminar