fondo red white blue
columnas enlaces
31 mar 2025
OBRADOIRO DE COCIÑA COS ALUMNOS DE LATÍN (SECUNDARIA)
En marzo, tamén se realizou na biblioteca un obradoiro de cociña, nesta ocasión preparado por María Martínez García-Armero, do departamento de Lingua Castelá, xunto cos seus alumnos de latín. Como parte do estudo da cultura romana, traballáronse as costumes gastronómicas das diferentes clases sociais: patricios, escravos, gladiadores... Posteriormente, como actividade de motivación, propúxose que os alumnos elaborasen unhas galletas salgadas chamadas “bucellatum”, un tipo de pan plano ou especie de torta de pan utilizada na antiga Roma como ración dos soldados.
21 mar 2025
DÍA DA POESÍA (SECUNDARIA)
O 21 de marzo celebramos o Día da Posía con Álvaro Antelo, antigo alumno e un poeta extraordinario. Álvaro falou da súa experiencia como poeta, concretamente dos seus dous
poemarios: Entremeses e Metapoética. Ademais da súa actividade como creador, tamén explicou ao alumnado as dificultades de publicar sendo un autor novel. Finalmente, abriuse rolda de preguntas na que a rapazada participou para satisfacer as súas curiosidades sobre a arte de escribir.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)