fondo red white blue

columnas enlaces

11 oct 2023

Comezamos na Biblioteca!!!!

 Ola a todos, nenos e nenas, mestres e mestras, nais e pais, benvidos ao novo curso. 

Xa abrimos a biblioteca este mes cun gran éxito, moitos rapaces veñen na hora do recreo a facer consultas nos ordenadores e a gozar dos numerosos libros que poden ler na sala ou levar emprestados para casa. 

Este curso continúan co legado de colaboradores os rapaces de sexto, que están encantados de poder emprestar libros a través do programa Meiga aos alumnos a partir de terceiro. Os máis pequenos ollamos os libros que nos interesan e suxerimos á nosa titora os que nos gustan para levar á aula. 

Aí van algunhas fotos dos recunchos da nosa biblioteca:





No hay comentarios:

Publicar un comentario