Bo día!
Xa respirando aires de verán e cos últimos impulsos e esforzos deste duro mes, queremos hoxe achegarvos o tríptico das lecturas recomendadas para o verán.
Dende a coordinación da biblioteca e de parte de todo o equipo, desexamos que esta selección sexa do voso agrado (están recollidas as últimas novidades das editoriais e outros títulos atractivos!).
Que gocedes moito con estes e/ou outros libros durante o verán. E dicirvos tamén que algúns deles xa os temos na biblioteca preparados para o empréstito no curso que vén.
Moitas grazas por lernos, por seguirnos e por formar parte desta rede que tecemos xuntos.
Moitísimo ánimo para estes últimos días!
Con agarimo
;
No hay comentarios:
Publicar un comentario