Bo día:
Hoxe celébrase
o
Día Internacional da MULLER.
Neste día conmemóranse todos os esforzos das mulleres que loitaron, que loitan e que loitarán por ter os mesmos dereitos que os homes.
Este día vense celebrando dende fai moitos anos, concretamente dende o ano 1911. Algúns dos temas que se reivindican son a igualdade de oportunidades, a eliminación da violencia contra a muller e a igualdade no traballo.
Grupos, asociacións, fundacións, ONGs e mulleres en xeral seguen loitando cada ano por acabar cos acosos, asasinatos, violencia de xénero, brecha salarial e as desigualdades en todas as súas formas.
Dentro na biblioteca atoparás diversos libros adicados a esta temática, dende biografías de mulleres traballadoras destacadas, científicas, escritoras... ata libros sobre igualdade de dereitos e inclusión.
Non deixes de visitar a sección exposta con libros seleccionados e/ou preguntarnos se precisas axuda para localizar algún!
Que pases un bo día! Apertas
;
8 de marzo
💜 💜
Día da Muller
No hay comentarios:
Publicar un comentario