fondo red white blue

columnas enlaces

14 ene 2022

VENRES DE ACHEGA: Corto e lecturas de paz

  1.  Benvidxs ao blog da biblioteca de novo!  Grazas por visitarnos, ilusionarnos coas vosas participacións e moitísima sorte para o novo ANO QUE COMEZA 2022!
        Esperamos seguir contando coas vosas visitas, tanto aquí como na biblioteca e que sigades gozando coa lectura dos libros!  
        Nesta semana seleccionamos e adquirimos novos libros para vós; agora están no proceso de etiquetado, rexistro, catalogación e colocación... Todo un arduo proceso para a coordinadora e o persoal que formamos parte da biblioteca, pero feito coa ilusión de ter os mellores libros, os que vos poden encantar, ou continuar con máis exemplares desas coleccións que máis soedes levar en empréstito! 
  2.  Comezamos!  E como se está achegando o Día da Paz (30 de xaneiro, como sabedes), aquí vos deixamos cunha selección de lecturas relacionadas coa temática que están xa dispoñibles nos expositores da biblioteca.  Ánimo e a seguir lendo moito!

Apertas

  E deixámosvos cun corto sobre o valor de compartir e a paz interior.

 

Bo visionado!

;

 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario