Boas, lectoras e lectores!
Aquí vos deixamos cun dos libros de Asunción Antelo dispoñibles na biblioteca, no que aparece unha foto dela na portada.
Entre varias temáticas, algunhas referidas a galeguistas como Castelao ou a poetas como Rosalía ou Pondal, Asunción escribiu tamén moitos poemas adicados á comarca de Bergantiños. Deixámosvos cun deles, no que nos amosa o que lle gusta o lugar onde ela naceu.
Unha aperta e boa ponte!
A miña terra
¡Que bonita é Seavia!
¡Que bonita a miña terra!
¡Que bonita é a fonte
ca súa imaxen de pedra!
¡Que bonito é Segufe,
aldea que eu nacín nela!
¡Que bonita a miña terra!
¡Que bonito Bergantiños!
¡Que bonito o río Anllóns!
¡Que bonito a miña terra,
eu de Segufe son!
No hay comentarios:
Publicar un comentario