FINALISTA DO
CONCURSO “DISEÑA UNHA XOIA PARA A TÚA NAI”
O xoves enterámonos de
que LAURA FERNÁNDEZ RIAL.unha nena de 5º A,quedou como finalista do
concurso organizado polo Colexio Oficial de Xoiaría .
O xurado do VII certame seleccionou os 80 deseños finalistas ,entre
os case 8.600 deseños enviados de toda Galicia.Entre eles estarán
os 12 gañadores.
“A esencia do concurso é que os nenos e nenas debuxen a xoia que
desexen agasallar a súa nai: a xoia que soñan”,palabras textuais
do concurso.
A entrega de premios será o venres 29 de abril as 17:30 no auditorio
do CGAC,en Santiago de Compostela.
Xa felicitamos a Laura,quen supoñemos estará celebrándoo coa súa
familia.Estamos contentísimos e esperamos que Laura sexa un dos
gañadores.Enhoraboa,Laura.
Podemos ver na foto a xoia deseñada por Laura.
Noraboa Laura qe imaxinacion tiveches pa facer ese debuxo tan fermoso
ResponderEliminar