O xoves pasado recibimos unha visita moi especial, xa que Antón, o pai de Anxo de 3A, veu dar unha charla na biblioteca para todo o alumnado de terceiro.
Explicounos en que consiste o seu traballo de veterinario pero tamén contounos da estreita relación que houbo ao longo da historia entre o home e o cabalo. Para rematar, falounos do cabalo de pura raza galega, raza coa que traballa na actualidade. Xa coñecemos as súas principais características e seguro que o recoñeceríamos.
Foi moi interesante, moitas grazas Antón! Os rapaces mostráronse así de atentos e entusiastas:
No hay comentarios:
Publicar un comentario