fondo red white blue

2 nov. 2015

DÍA DA BIBLIOTECA

O luns 28 de outubro,para celebrar o día da biblioteca,empezamos os contacontos.Os rapaces de sexto representaron para os nenos e nenas de infantil dous bellísimos contos relacionados co proxecto das emocións que seguimos este curso.O primeiro foi "Orellas de bolboreta" onde Mara,a pesar de ser acosada polos compañeiros,consigue superar todas as situacións apoiándose na sua nai e aprendendo a rirse dun mesmo.





O segundo conto "Confundindo historias" trata dun avó que interrumpe a plácida lectura do periódico para contarlle a súa neta un conto que,non por máis clásico,resúltalle menos difícil de narrar. Descoñecemento? En absoluto. O avó consegue que sexa a nena a que realmente reproduzca o conto.


No hay comentarios:

Publicar un comentario