O 2 de Febreiro celébrase en Francia unha festa deliciosa: A chandeleur. Esta festa marca o final do Nadal e o inicio da primavera. É unha festa gastronómica moi popular e no noso centro xa a galeguizamos o ano pasado con moito éxito. Xa sabedes que a receta das Crêpes é prácticamente a mesma que a das nosas filloas polo que non é moi difícil participar. Este ano, o equipo da biblioteca quere repetir a experiencia e contar con todos vos. Todos os participantes están invitados a degustar crêpes na biblioteca o próximo día 2 de febreiro. Darémosvos máis información a través da biblioteca e do blog. Estade atento
No hay comentarios:
Publicar un comentario