fondo red white blue

columnas enlaces

25 nov 2010

25 de novembro. Un poema contra a violencia de xénero

Hai un cheiro a morte,
a carne encetada pola ira.
Só vexo un campo cavado
a terra enxoita.
Terra sobre delas,
sobre das excluídas,
sobre das negadas sempre.
Hoxe mesmo chora outra nai.
Berra coma un animal ferido.
Sobre da caixa de madeira pousa
a súa mao. Sobre da mao a súa
flor ensanguentada.

1 comentario:

  1. Mercedes Queixas Zas30/11/10

    A crueza extrema da violencia de xénero desde unha visión poética que nos expón ante a mirada dunha realidade contada en números equivalentes a mulleres que xa non están connosco porque uns supostos "pseudoamantes" así o decidiron por elas. Magnífico poemario na súa totalidade. Graciñas por nolo lembrar!

    ResponderEliminar