fondo red white blue

columnas enlaces

28 feb 2025

OBRADOIRO MÁSCARAS DE ENTROIDO (SECUNDARIA)

No segundo trimestre, o Departamento de Lingua Galega e Literatura colaborou coa biblioteca organizando un obradoiro de máscaras de Entroido. Para iso, o alumnado de 1º da ESO investigou sobre as distintas máscaras tradicionais empregadas durante o Entroido en diversos puntos de Galicia.Unha vez rematada esta fase de documentación, recibimos no centro a Electra, do colectivo Pedras de Papel, un obradoiro especializado na creación de esculturas en papel. Ao longo de seis sesións, Electra ensinoulles a construír con cartón cada unha destas máscaras.

24 feb 2025

DÍA DE ROSALÍA (SECUDARIA)

Para conmemorar o Día de Rosalía, desenvolvéronse dúas actividades simultáneas: por unha banda, o recitado dos seus poemas durante os recreos desa semana, e por outra, unha competición na que dous grupos de 1º da ESO tiveron que reconstruír un quebracabezas coa imaxe da poetisa. O grupo gañador recibiu como agasallo unha saída a “Humor amarillo”. Nesta ocasión, volvemos contar coa colaboración do Departamento de Lingua Galega, en concreto coa profesora María Garda.

20 feb 2025

Sexto conta Moito!



 Continuamos coas nosas lembranzas dos bos momentos que nos traen os maiores do cole aos cursos máis baixos coas súas historias de aventuras, de intriga, conmovedoras, que nos fan pensar e reflexionar…

Nas últimas semanas o alumnado de 6º protagonista foi:

-Yerai e Jose de 6ºB narraron para o alumnado de 5º de infantil. 

- Lucas e Noel de 6ºB contaron historias ao alumnado de 6º de infantil.

- Naiara e Nerea de 6ºA acompañaron ao alumnado de 1º de primaria.

Moitísimas gracias polas vosas lecturas, rapaces e rapazas!






Día da Paz e Candeloria

Conmemoramos no centro o Día da Paz, o 30 de Xaneiro que agardamos que chegue a estar presente todos os días do ano. 

Entre outras actividades, elaboramos un mural común cuberto co poema “Sobre a Paz non abonda con falar” no que cada grupo de infantil e primaria elaborou unha estrofa. Oxalá o mundo enteito escoite os nosos desexos e peticións de ben común.

O 2 de febreiro é o Día da Candeloria, o día no que os paxaros namoran. Este curso os paxariños anidaron a carón do mural da Paz con mensaxes de amizade e bos desexos. O alumnado deixou unha mensaxe positiva de amizade para que outro compañeiro/a anónimo/a a recibise.


Aquí quedan unhas fotiños de recordo:









10 feb 2025

As familias contan!

 Continuamos coas nosas lembranzas dos momentos familiares na Biblioteca Asunción Antelo.

-Conto coa mamá de Carlota en 4ºA:









-Conto coa mama de Brais en 5 anos:




- Conto coa mamá de Izan en 5 anos:





Gracias, gracias e gracias por vir! ❤️❤️❤️❤️

Animádevos todos e todas aquelas que inda non o fixerades. Agardámosvos!


As familias contan (charlas, obradoiros e contacontos)


Familias! Animádevos a acompañarnos na Biblioteca, tal e como fixeron as seguintes coas que desfrutamos moitísmo.
 Podedes deleitarnos co que quirades: obradoiros, charlas, contos, xogos…
Estamos desexando tervos aquí!
 Moitísimas gracias a todas as familias que pasades ao longo do curso pola Biblio. Hoxe recordamos varios marabillosos momentos como por exemplo:

-Obradoiro coa mamá de Iago en 5 anos:





-Contacontos coa mamá de Mateo en 5 anos:





- Contacontos coa mamá de Iria en 4 anos:





-Conto coa mamá de Antía en 5 anos:



Moitísimas gracias a todas!!❤️❤️❤️❤️