Na biblio de infantil seguimos dándolle continuidade ao proxecto do cine. Este mes coñecemos a Mary Poppins e creamos este recuncho máxico!
fondo red white blue
columnas enlaces
8 abr 2025
Sexto conta Moito!!
Moitísimas gracias a tod@s polas vosas fermosas historias dos xoves que tanto gustan aos máis peques do cole!
20 feb 2025
Sexto conta Moito!
Continuamos coas nosas lembranzas dos bos momentos que nos traen os maiores do cole aos cursos máis baixos coas súas historias de aventuras, de intriga, conmovedoras, que nos fan pensar e reflexionar…
Nas últimas semanas o alumnado de 6º protagonista foi:
-Yerai e Jose de 6ºB narraron para o alumnado de 5º de infantil.
- Lucas e Noel de 6ºB contaron historias ao alumnado de 6º de infantil.
- Naiara e Nerea de 6ºA acompañaron ao alumnado de 1º de primaria.
Moitísimas gracias polas vosas lecturas, rapaces e rapazas!
Día da Paz e Candeloria
Conmemoramos no centro o Día da Paz, o 30 de Xaneiro que agardamos que chegue a estar presente todos os días do ano.
Entre outras actividades, elaboramos un mural común cuberto co poema “Sobre a Paz non abonda con falar” no que cada grupo de infantil e primaria elaborou unha estrofa. Oxalá o mundo enteito escoite os nosos desexos e peticións de ben común.
O 2 de febreiro é o Día da Candeloria, o día no que os paxaros namoran. Este curso os paxariños anidaron a carón do mural da Paz con mensaxes de amizade e bos desexos. O alumnado deixou unha mensaxe positiva de amizade para que outro compañeiro/a anónimo/a a recibise.
Aquí quedan unhas fotiños de recordo:
10 feb 2025
As familias contan!
Continuamos coas nosas lembranzas dos momentos familiares na Biblioteca Asunción Antelo.
-Conto coa mamá de Carlota en 4ºA:
-Conto coa mama de Brais en 5 anos:
- Conto coa mamá de Izan en 5 anos:
Gracias, gracias e gracias por vir! ❤️❤️❤️❤️
Animádevos todos e todas aquelas que inda non o fixerades. Agardámosvos!
As familias contan (charlas, obradoiros e contacontos)
23 ene 2025
Sexto conta moito!
Familias! Estas semanas tivemos uns e unhas contacontos que amenizaron moito os xoves dos máis peques.
Anthony e Diego co alumnado de 3 anos e Candela e Sofía co alumnado de 2º de primaria.
Moitas gracias, rapaces e rapazas!!