fondo red white blue

columnas enlaces

Mostrando entradas con la etiqueta euquedonacasa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta euquedonacasa. Mostrar todas las entradas

29 abr 2020

PANDEMIA DE CONTOS! Kiwi, o paxaro da Terra

Ola queridos/as lectores/as!
Para hoxe traio unha historia ben fermosa!!

  Kiwi, o paxaro da terra


Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.


28 abr 2020

PANDEMIA DE CONTOS! Mar Benegas.

Hoxe aproveitamos as marabillosas bibliotecarias da Coruña, que desde as Bibliotecas municipais da Coruña nos propoñen #AsBibliotecariasContanDe luns a venres, ás 18.00 horas nas redes sociais (FacebookTwitterInstagram)…  
As bibliotecarias contan! 
A de hoxe, unha obra da escritora e especialista en literatura infantil e xuvenil, Mar Benegas 
Un libro sinxelo e atractivo aos ollos dos máis pequenos, onde as palabras e as cores son as protagonistas a través dun xogo visual. Que cor ven os teus ollos?
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma!



27 abr 2020

PANDEMIA DE CONTOS. Raposa lista!

Bo día queridos/as lectores/as!
Que contentos estamos hoxe!!!
Unha semana que comeza e que maneira de comezar!!! Nin máis nin menos que Raquel Queizás!!
Que gran contadora de historias!! Aquí a tendes coa Raposa lista...
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma!


24 abr 2020

Un conto moi especial!

Ola queridos/as lectores/as!
Seguimos festexando a semana do libro e hoxe temos un conto moi moi especial feito con moito agarimo e ilusión para todos e todas vós. A Punto e a Coma encantounos! Témonos que poñer en contacto con cóntaas contos e contratalas porque cando a biblioteca volva abrir e volvámonos a ver, queremos un conta contos como o do vídeo en vivo e en directo. Vós/ as que opinades? Punto e Coma estamos a desexalo!
Un saúdo amigos/as. 
Xa queda un día menos para volver a vernos!


VENRES DE EMOCIÓNS! O mellor corto do mundo para fomentar a lectura!

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe é venres e coma tódolos venres son de emocións!
Hoxe preséntovos "O mellor corto do mundo para fomentar a lectura!"
Esperamos que vos guste moito!
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma! Feliz venres!



23 abr 2020

RETOS DÍA DO LIBRO E XOGO PASAPALABRA!!!

Bo día queridos/as  lectores/as!
Como hoxe celebramos o día do libro, imos facer unha serie de retos que o podedes facer en familia, xa veredes que divertido é e que ben o ides a pasar. Se a vosa familia hoxe non pode xogar convosco non pasa nada, podédelo deixar para a fin de semana. Déixámosvos a ligazón en pdf para que o vexades mellor. 


Pero non rematamos aquí! Atrevédevos con este pasapalabra sobre libros? demostra que eres un experto lector 

ANÍMATE A XOGAR!!!








PANDEMIA DE CONTOS. Ángeles Goás.

Ola queridos/as lectores/as!

Hoxe un conto para os máis pequechos da casa!!

Xenialmente contado por Ángeles Goás...imos aló!!
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma. Ánimo que xa queda un día menos.




22 abr 2020

PANDEMIA DE CONTOS. A ra de boca grande!

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe é Andrea Bayer a encargada de contarnos outro marabilloso conto!!
Moi atent@s á Ra da boca grande...
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.



21 abr 2020

Unha sorpresa de 6º de Educación Infantil

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe temos un vídeo moi especial que nos mandou  a mestra Lorena para tod@s vós. Son os nen@s de 6º de Educación Infantil dándonos moito ánimo, enerxía e apoio para esta situación que estamos a vivir actualmente. A Punto e a Coma encantounos volver  vervos 😊.
Moito ánimo, un día máis, pero un día menos para volver a vernos. 👍
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.


20 abr 2020

PANDEMIA DE CONTOS. A lobiña Bea.

Bo día queridos/as lectores/as!
Que contentos estamos hoxe!!!
O contador de historias de hoxe é Brais Moure!!! 

Pois aquí o temos coa historia de A lobiña Bea.
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma!



17 abr 2020

VENRES DE EMOCIÓNS. MÚSICA!!!!! COVID QUE TE VIN! CON CHOLO E NELA

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe é venres, pero un venres moi especial e cheo de música! En máis dunha ocasión o  profe Miguel contouvos quen eran  Cholo e  Nela, pero Punto e Coma lembrámosvolo:


Cholo é un Globo que cada ano adoita vir ao noso País baixando polo Arco da Vella. Vive no País da Fantasía, no que sempre se anda a xogar.
Nela é unha Pinga de Auga do Río Sil que un bo día tinguiu o pelo por accidente ao pasar polo Arco da Vella. Aquel bo día coñeceu a Cholo e dende aquela son unha parella de amigos inseparábel.

CHOLO E NELA presentan "COVID QUE TE VIN"

Coñecedes a alguén no vídeo?😊
Agardamos que vos guste

                                


« Covid que che  vin» é o nome do que será o  hit do verán, ou polo menos da pandemia. É o último single de  Cholo e  Nela, unha iniciativa que trata de animar a todos os pequenos a estar na casa así como a seguir lavándose as mans.

O equipo que organiza esta festa, que este ano tivo que cancelarse, decidiu non quedar quieto e compoñer esta canción na que tamén participan os máis pequenos. Nela anímannos a seguir en casa, traballando e xogando mentres estamos sans e  desinfectados.
. Nesta actividade, que leva máis de 20 anos facendo gozar aos máis pequenos, adóitanse xuntar máis de 1.000 persoas realizando xogos e actividades. Neste ano, a organización ao declarase o estado de alarma, decidiu cancelar a celebración. Este  é ou comunicado oficial:

Dende ou Arco dá  Vella, e  despois de  percorrer galaxias,  Cholo e  Nela  mandáronnos este  mensaxe por  whatsapp e por correo electrónico:

Queridos amigos e amigas que  organizades a  nosa  festa, e  tamén a todas  as mamás, papás, familias e  profes que  participades  nese día de  ledicia, e  as  institucións que colaboran e se  divirten  connosco, e sobre todo a  tódolos  nenos e meniñas que  ían participar coma  sempre, con  ledicia, ilusión e con  moitas ganas de  xogar  connosco.

Aínda así, decidiron estar presentes a través das redes sociais con esta divertida canción que fará saltar e bailar a máis dun.



Punto e Coma deséxanvos unha boa fin de semana!!
Un saúdo amigos e amigas!

16 abr 2020

PANDEMIA DE CONTOS! O galo que non sabía cantar!

Bo día queridos/as lectores/as!

A historia de hoxe váinola contar o rato Fuco!!! Que emocionados estamos!!

E o conto comeza en 3,2,1...xa!!!



O GALO QUE NON SABÍA CANTAR


15 abr 2020

PANDEMIA DE CONTOS! Olga Abad.

Bo día queridos/as lectores/as!
E xa estamos a mércores!! Un día menos para vernos!!!
Hoxe, a encargada de contarnos o conto para toda a familia é Olga Abad.
Moi atentos que comeza!!
un saúdo de Punto e Coma.



14 abr 2020

ESTAMOS DE VOLTA!! PANDEMIA DE CONTOS! A casa de Xoán!

Ola queridos e queridas lectores e lectoras!
Aquí estamos cunha historia para toda a familia, contada por Marta Ortiz, disfrutádea!
A casa de Xoán!!
Un saúdo de punto e Coma.



13 abr 2020

Comezamos a semana con música! SanSARS Covidño-19 (SanSadurniño Remix)

Ola queridos/as lectores/as!
Comezamos a semana con música a cargo do grupo de música tradicional TIRULEQUE!
Pois con moito ritmo, responsabilidade e bo humor (que falta nos fai!) achégannos esta canción que seguro vos fará bailar aínda que sexa ao ritmo do coronavirus!!
Veña a mover eses corpos!!!
Recordade: xabrón, xabrón e xabrón!
Un saúdo de Punto e Coma!


Edición de vídeo: Álex Fente. Adaptación do tema "SanSa" do grupo. Peza orixinal da "Charanga do Cuco de Velle" (Ourense). Letra: Tiruleque. +info: www.tiruleque.com

3 abr 2020

Libros dixitais GALICIA LE

Ola queridos/as lectores/as!
Tedes ganas de ler libros novos?
Pero non podemos saír de casa e todo está pechado!
Non vos preocupedes, porque Punto e Coma teñen a solución! 


Neste vídeo tedes unha explicación moi sinxela para poder acceder a máis de 4500 obras a través dá  Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
Tedes que acceder a  https://www.galiciale.gal/ 
É moi sinxelo e unha boa opción para pasar estas "vacacións" de Semana Santa.
Esperamos que sexa do voso interese.
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.



2 abr 2020

Pandemia de contos! As zapatillas de Abul"

Bo día queridos/as lectores/as!

Hoxe imos escoitar un conto para toda a familia titulado "As zapatillas de Abul".

Ollos abertos, orellas abertas??? Pois a escoitar!!!


Recordade que o Colectivo NOGA (de Narración Oral Galega) comparte uns contos con vós para levar mellor o #euquedonacasa, na corentena de marzo de 2020.

Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma!

#bescolaresgalAbertas
#euquedonacasa




              

1 abr 2020

Pandemia de contos! Nicomedes o pelado!

Bo día queridos/as lectores/as!
Xa estamos na metade da semana!!!

O conto de hoxe titúlase "Nicomedes o pelado", unha historia singular que seguro vos saca un sorriso!

#euquedonacasa


Xa estamos na metade da semana!!!
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma!




31 mar 2020

PANDEMIA DE CONTOS "A mellor sopa do mundo"

Ola queridos/as lectores/as!

Comezamos coa nosa sesión diaria de contos!!  Abrimos a semana cun conto gañador do concurso "Nós tamén creamos" e que se titula "A mellor sopa do mundo".

#euquedonacasa

Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.


28 mar 2020

27 de marzo. Día Mundial do Teatro

Ola queridos/as lectores/as.
Onte foi o Día Mundial do Teatro. Que saibades que Punto e Coma non se esqueceron de tal data, pero entre venres de emocións, o poema da mestra  Ale....decidimos pospoñelo un día. 

Compartimos dende a páxina de Bibliotecas escolares de Galicia os seguintes enlaces aportados dende distintos teatros e compañías de teatro. Premede neles!

Tanxarina Títeres: A Galiña Azul

Caramuxo Teatro comparte "Na Casa", teatro para bebés con música e cancións

Un saúdo de Punto e Coma. Feliz fin de semana.