fondo red white blue

columnas enlaces

Mostrando entradas con la etiqueta semana do libro.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta semana do libro.. Mostrar todas las entradas

23 abr 2020

RETOS DÍA DO LIBRO E XOGO PASAPALABRA!!!

Bo día queridos/as  lectores/as!
Como hoxe celebramos o día do libro, imos facer unha serie de retos que o podedes facer en familia, xa veredes que divertido é e que ben o ides a pasar. Se a vosa familia hoxe non pode xogar convosco non pasa nada, podédelo deixar para a fin de semana. Déixámosvos a ligazón en pdf para que o vexades mellor. 


Pero non rematamos aquí! Atrevédevos con este pasapalabra sobre libros? demostra que eres un experto lector 

ANÍMATE A XOGAR!!!








29 abr 2019

Unha hora de ler moi especial!

Hoxe luns, aproveitando o bo tempo fixemos a hora de ler no patio. Os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º contáronlle ao resto de nenos e nenas de infantil e 1º e 2º de EP un pequeno conto, conmemorando o día do libro da semana pasada. Pasárono xenial e gustoulle moito. Esperemos que siga o bo tempo para seguir facendo este tipo de actividades.
Vémonos pola biblio!


23 abr 2019

HOXE ESTAMOS DE CELEBRACIÓN

Bo día querid@s lector@s!
Hoxe 23 de abril celebramos o Día mundial do Libro e dos Dereitos de Autor e desde a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional edítase o díptico para conmemorar este día.

Acudiuse, como en anos anteriores, a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso á poeta, narradora, profesora e académica Marilar Aleixandre, quen xenerosamente cedeu un poema para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, sobre a lectura como unha viaxe ao fondo das preguntas. Un texto que convida a reflexionar sobre a importancia da lectura como revulsivo para interrogar, cuestionar, dubidar, aprender, enfocar, repensar e nunca conformarse.

E que mellor maneira de celebrar este día que visitando a nosa biblio! Vémonos por alí e recordade que esta semana teremos algunha que outra sorpresa nas novidades!


29 abr 2015

REMATAMOS A SEMANA DO LIBRO

O venres 24 de abril os rapaces e rapazas de 3º B e 4º B leron aos pequechos de infantil de tres anos.Pensamos que esta actividade resultou moi satisfactoria tanto para os pequenos como para os maiores.Vemos o resultado nestas fotos: